Nas profundidades do océano





Escoitando a Lesicia de Kai Engel podes xogar a relaxarte imaxinádote a seguinte historia:

_____________________________________

Somérxeste no mar e podes aguantar a respiración o tempo que queiras. Non te afogarás.

O mar está morno, ten unha temperatura perfecta, cálida.

Move  moi despacio os teus brazos e pernas imaxinando que estás buceando nas profundidades.  

O peixes pasan a teu carón e xogan nadando.

Baixas máis profundo, cada vez máis.

Os raios de luz atravesan a auga alumeando o teu camiño.

Vés todo tipo de animais mariños que se acercan a saudarte e tí estiras a túa man para tocalos.  

Mesmo unha gran balea pasa e podes tocala sen ningún perigo.

_____________________________________

Pecha os ollos despois de ler estas instruccións e lémbrate de imaxinarte cada detalle. 

Tamén podes pedirlle a outra persoa que faga de narrador da historia mentres tí te relaxas.

Cando remates abre os ollos pouco a pouco lembrándote do ben que se sentía estar nese lugar.


Comentarios