Unha noite na neve



Escoitando a Gymnopedie nº1 de Erik Satie podes xogar a relaxarte imaxinádote a seguinte historia:


_____________________________________

É unha noite de inverno. A lúa está chea e o ceo claro.
Hai algunhas nubes que comezan a deixar cair as folerpas pouco a pouco.
Hai fresco pero o aire é agradable e a brisa suave.
Tí estás nun claro dun bosque, tumbado/a na neve.
As notas do piano soan cando as folerpas de neve caen sobre a túa cara, as túas mans, nos pes, etc.
Move  moi despacio os teus brazos e pernas imaxinando que estás debuxando anxos na neve do chan.  
_____________________________________


Pecha os ollos despois de ler estas instruccións e lémbrate de imaxinarte cada detalle. 
Tamén podes pedirlle a outra persoa que faga de narrador da historia mentres tí te relaxas.

Comentarios